Cantigas de Santa Maria/XCV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XCV: Quen aos servos da Virgen de mal se traballa


Como Santa Maria livrou un seu hermitan de prijon dus mouros que o levavan a alen mar, e nunca se poderon yr ata que o leixaron.

Quen aos servos da Virgen de mal se traballa
de lles fazer, non quer ela que esto ren valla.

Desto direy un miragre que ha vegada
demostrou a Santa Virgen benaventurada
por un conde d'Alemanna, que ouve leixada
sa terra e foi fazer en Portugal morada
encima da hermida, preto da salgada
agua do mar, u cuidou a viver sen baralla.
Quen aos servos da Virgen de mal se traballa...

El Cond' Abran foi aqueste, de mui santa vida,
que fez mui gran pedenç' en aquela hermida
servind' a Santa Maria, a Sennor comprida
de todo ben, que aos seus sempre dá guarida,
ca a ssa mui gran merece nunca é falida
a quanto-la ben serviren, assi é sen falla.
Quen aos servos da Virgen de mal se traballa...

Aquel sant' ome vivia ali apartado,
que nunca carne comia nen pan nen bocado
senon quando con cisa era mesturado,
e d' ele ja bever vinno non era penssado;
mas pero algas vezes fillava pescado,
que dava sen aver en deyro nen mealla.
Quen aos servos da Virgen de mal se traballa...

E macar ll' alguen por esto deiros queria
dar ou algus presentes, sol nonos prendia;
mais o que de comer era adubar fazia
pera as gentes que vian y en romaria,
ca ele os convidava e os recebia,
con que lles parava mesa en branca toalla.
Quen aos servos da Virgen de mal se traballa...

El atal vida fazend' en aquela montanna,
estand' un dia pescando com' era ssa manna,
chegaron ali navios de mouros, conpanna
que ben d'Africa veran por correr Espanna,
e fillárono aginna e con mui gran sanna
deron con el no navio, oy mais Deus lle valla!
Quen aos servos da Virgen de mal se traballa...

E pois est' ouveron feito, fezeron gran guerra,
rouband' en mar quant' achavan e saynd' a terra,
e quiseran-ss' ir con todo. Mas a que non erra
d' acorrer a seus amigos nen lles porta serra
os fez que sse non poderon alongar da serra,
ca lles non valeu bon vento quant' é ha palla,
Quen aos servos da Virgen de mal se traballa...

Con que movian de rrijo aos treus alçados;
e quanto toda a noite eran alongados
da pena, ena mannaa y eran tornados;
est' avo per tres noites aos malfadados.
E quando aquesto viron, foron espantados
e chamaron Mafomete, o fillo d' Abdalla.
Quen aos servos da Virgen de mal se traballa...

Mais o almiral dos mouros era entendudo,
que nom' Arrendaff' avia, e ome sisudo,
e nenbrou-lle daquel ome que fora metudo
ena sota da galea e y ascondudo,
e teve que por est' era seu feyto perdudo
e diss': «Amigos, fol éste quen a Deus contralla.»
Quen aos servos da Virgen de mal se traballa...

E mandó-o tirar fora e pos-ll' our' e prata
deant', e panos de seda, outros d' escarlata,
e mandou que os fillasse come de ravata,
dizendo: «Do que te pagas», de ssu os ata.»
Mais desto non fillou ren e, ben come quen cata
por pouco, fillou un vidro de mui bela talla.
Quen aos servos da Virgen de mal se traballa...

E o almiral enton preguntou que om' era,
ou de fillar aquel vidro, porque o fezera.
E el lles contou enton qual vida mantevera
des quand' en aquel' ermida a morar vera;
mais de fillar aquel vidro muito lle prouguera,
e que al non fillaria do seu nemigalla.
Quen aos servos da Virgen de mal se traballa...

E eles, quand' est' oyron, fora o poseron
en aquel logar mesmo onde o preseron,
e que non ouvesse medo assi lle disseron.
Tan tost' alçaron sas veas, e bon vent' ouveron
e foron ssa via que sol non se deteveron,
fendend' as ondas per meo ben come navalla.
Quen aos servos da Virgen de mal se traballa...

Estas novas pela terra foron mui sõadas,
e gentes de todas partes foron y juntadas,
e a Santa Maria loores poren dadas;
mais el Cond' Abran acharon pois muitas vegadas
mouros que correr vian con barcas armadas,
e non lle fezeron mal, d' atant' ouv' avantalla.
Quen aos servos da Virgen de mal se traballa...