Cantigas de Santa Maria/XLII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XLII: A Virgen mui groriosa


Esta é de como o crerizon meteu o anel eno dedo da omagen de Santa Maria, e a omagen encolleu o dedo con el.

A Virgen mui groriosa,
Rea espirital,
dos que ama é ceosa,
ca non quer que façan mal.

Dest' un miragre fremoso, | ond' averedes sabor,
vos direy, que fez a Virgen, | Madre de Nostro Sennor,
per que tirou de gran falla | a un mui falss' amador,
que amude cambiava | seus amores dun en al.
A Virgen mui groriosa...

Foi en terra d'Alemanna | que querian renovar
has gentes ssa eigreja, | e poren foran tirar
a majestad' ende fora, | que estava no altar,
e posérona na porta | da praça, sso o portal.
A Virgen mui groriosa...

En aquela praç' avia | un prado mui verd' assaz,
en que as gentes da terra | yan ter seu solaz
e jogavan à pelota, | que é jogo de que praz
muit' a omes mancebos | mais que outro jog' atal.
A Virgen mui groriosa...

Sobr' aquest' ha vegada | chegou y un gran tropel
de mancebos por jogaren | à pelot', e un donzel
andava y namorado, | e tragia seu anel
que ssa amiga lle dera, | que end' era natural.
A Virgen mui groriosa...

Este donzel, con gran medo | de xe l' o anel torcer
quando feriss' a pelota, | foy buscar u o põer
podess'; e viu a omage | tan fremosa parecer,
e foi-llo meter no dedo, | dizend': «Oi mais non m'enchal
A Virgen mui groriosa...

Daquela que eu amava, | ca eu ben o jur' a Deus
que nunca tan bela cousa | viron estes ollos meus;
poren daqui adeante | serei eu dos servos teus,
e est' anel tan fremoso | ti dou porend' en sinal.»
A Virgen mui groriosa...

E os gollos ficados | ant' ela con devoçon,
dizendo «Ave Maria», | prometeu-lle log' enton
que des ali adelante | nunca no seu coraçon
outra moller ben quisesse | e que lle fosse leal.
A Virgen mui groriosa...

Pois feit' ouve ssa promessa, | o donzel logo ss' ergeu,
e a omagen o dedo | cono anel encolleu;
e el, quando viu aquesto, | tan gran pavor lle creceu
que diss' a mui grandes vozes: | «Ay, Santa Maria, val!
A Virgen mui groriosa...

As gentes, quand' est' oyron, | correndo chegaron y
u o donzel braadava, | e el contou-lles des i
como vos ja dit' avemos; | e conssellaron-ll' assi
que orden logo fillasse | de monges de Claraval.
A Virgen mui groriosa...

Que o fezesse cuidaron | logo todos dessa vez;
mas per consello do demo | ele d' outra guisa fez,
que o que el prometera | aa Virgen de gran prez,
assi llo desfez da mente | como desfaz agua sal.
A Virgen mui groriosa...

E da Virgen groriosa | nunca depois se nenbrou,
mas da amiga primeira | outra vez sse namorou,
e per prazer dos parentes | logo con ela casou
e sabor do outro mundo | leixou polo terreal.
A Virgen mui groriosa...

Poi-las vodas foron feitas | e o dia sse sayu,
deitou-ss' o novio primeiro | e tan toste ss' adormyu;
e el dormindo, en sonnos | a Santa Maria vyu,
que o chamou mui sannuda: | «Ai, meu falss' e mentiral!
A Virgen mui groriosa...

De mi por que te partiste | e fuste fillar moller?
Mal te nenbrou a sortella | que me dést'; ond' á mester
que a leixes e te vaas | comigo a como quer,
se non, daqui adeante | averás coyta mortal.»
A Virgen mui groriosa...

Logo s' espertou o novio, | mas pero non se quis ir;
e a Virgen groriosa | fez-lo outra vez dormir,
que viu jazer ontr' a novia | e ssi pera os partir,
chamand' a el mui sannuda: | «Mao, falsso, desleal,
A Virgen mui groriosa...

Ves? E por que me leixaste | e sol vergonna non ás?
Mas se tu meu amor queres, | daqui te levantarás,
e vai-te comigo logo, | que non esperes a cras;
erge-te daqui correndo | e sal desta casa, sal!»
A Virgen mui groriosa...

Enton ss' espertou o novio, | e desto tal medo pres
que ss' ergeu e foi ssa via, | que non chamou dous nen tres
omes que con el fossen; | e per montes mais dun mes
andou, e en un' hermida | se meteu cab' un pal.
A Virgen mui groriosa...

E pois en toda ssa vida, | per com' eu escrit' achei,
serviu a Santa Maria, | Madre do muit' alto Rei,
que o levou pois conssigo | per com' eu creo e sei,
deste mund' a Parayso, | o reino celestial.
A Virgen mui groriosa...