Cantigas de Santa Maria/XXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XXVII: Non devemos por maravilla ter


Esta é como Santa Maria fillou a sinagoga dos judeus e fez dela eigreja.

Non devemos por maravilla ter
d' a Madre do Vencedor sempre vencer.

Vencer dev' a Madre daquel que deitou
Locifer do Ceo, e depois britou
o ifern' e os santos dele sacou,
e venceu a mort' u por nos foi morrer.
Non devemos por maravilla ter...

Porend' un miragre a Madre de Deus
fez na sinagoga que foi dos judeus
e que os Apostolos, amigos seus,
compraran e foran eigreja fazer.
Non devemos por maravilla ter...

Os judeus ouveron desto gran pesar,
e a Cesar se foron ende queixar,
dizendo que o aver querian dar
que pola venda foran en receber.
Non devemos por maravilla ter...

O Emperador fez chamar ante ssi
os Apostolos, e disse-lles assi:
«Contra tal querela que or' ante mi
os judeus fezeron, que ides dizer?»
Non devemos por maravilla ter...

Os Apostolos, com' omees de bon sen,
responderon: «Sennor, nos fezemos ben,
pois que lla compramos e fezemos en
eigreja da que virgen foi conceber.»
Non devemos por maravilla ter...

Sobr' esto deu Cesar seu joyz' atal:
«Serren a eigreja, u non aja al,
e a quaraenta dias, qual sinal
de lei y acharen, tal a dev' aver.
Non devemos por maravilla ter...

Os Apostolos log' a Monte Syon
foron, u a Virgen morava enton
Santa Maria, e muy de coraçon
a rogaron que os vess' acorrer.
Non devemos por maravilla ter...

Assi lles respos a mui santa Sennor:
«Daqueste preito non ajades pavor,
ca eu vos serei y tal ajudador
per que a os judeus ajan de perder.»
Non devemos por maravilla ter...

E pois que o prazo chegou, sen falir,
mandou enton Cesar as portas abrir,
e amba-las partes fez log' alá ir
e dos seus que fossen a prova veer.
Non devemos por maravilla ter...

Des que foron dentr', assi lles conteceu
que logo San Pedr' ant' o altar varreu,
e aos judeus tan tost' appareceu
omagen da Virgen pintada seer.
Non devemos por maravilla ter...

Os judeus disseron: «Pois que a Deus praz
que esta omagen a Maria faz,
leixemos-ll' aqueste seu logar en paz
e non queramos con ela contender.»
Non devemos por maravilla ter...

Foron-ss' os judeus, e gãou dessa vez
aquela eigreja a Sennor de prez,
que foi a primeira que sse nunca fez
en seu nome dela, sen dulta prender.
Non devemos por maravilla ter...

Depois Juyão, emperador cruel,
que a Santa Maria non foi fiel,
mandou ao poboo dos d' Irrael
que ll' aquela omagen fossen trager.
Non devemos por maravilla ter...

E os judeus, que sempr' acostumad' an
de querer gran mal à do mui bon talan,
foron y; e assi os catou de pran
que a non ousaron per ren sol tanger.
Non devemos por maravilla ter...