Cantigas de Santa Maria/XXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XXVIII: Todo logar mui ben pode


Esta é como Santa Maria deffendeu Costantinobre dos mouros que a conbatian e a cuidavan fillar.

Todo logar mui ben pode | sseer deffendudo
o que a Santa Maria | á por seu escudo.

Onde daquesta razon
un miragre vos quero
contar mui de coraçon,
que fez mui grand' e fero
a Virgen que non á par,
que non quis que perdudo
foss' o poboo que guardar
avia, nen vençudo.
Todo logar mui ben pode | seer deffendudo...

De com' eu escrit' achei,
pois que foi de crischãos
Costantinobre, un rei
con oste de pagãos
vo a vila cercar
mui brav' e mui sannudo,
pola per força fillar
por seer mais temudo.
Todo logar mui ben pode | seer deffendudo...

E começou a dizer,
con sanna que avia,
que sse per força prender
a cidade podia,
que faria en matar
o poboo myudo
e o tesour' en levar
que tian ascondudo.
Todo logar mui ben pode | seer deffendudo...

Na cidade, com' oý,
se Deus m' ajud' e parca,
San German dentr' era y,
un santo Patriarcha,
que foi a Virgen rogar
que dela acorrudo
foss' o poblo sen tardar
daquel mour' atrevudo.
Todo logar mui ben pode | seer defendudo...

E as donas ar rogou
da mui nobre cidade
mui de rrig' e conssellou
que ant' a majestade
da Virgen fossen queimar
candeas, que traudo
o poboo do logar
non fosse, nen rendudo.
Todo logar mui ben pode | seer defendudo...

Mas aquel mouro Soldan
fez-lles põer pedreiras
per' aos de dentr' afan
dar de muitas maneiras,
e os arqueiros tirar;
e assi combatudo
o muro foi sen vagar,
que toste foi fendudo.
Todo logar mui ben pode | seer defendudo...

E coyta soffreron tal
os de dentro e tanta,
que presos foran sen al,
se a Virgen mui santa
non fosse, que y chegar
con seu mant' estendudo
foi polo mur' anparar
que non fosse caudo.
Todo logar mui ben pode | seer defendudo...

E ben ali u deceu,
de Santos gran conpanna
con ela appareceu;
e ela mui sen sanna
o seu manto foi parar,
u muito recebudo
colb' ouve dos que y dar
fez o Soldan beyçudo.
Todo logar mui ben pode | seer defendudo...

E avo dessa vez
aos que combatian
que Deus por ssa Madre fez
que dali u ferian
os colbes, yan matar
daquel Soldan barvudo
as gentes, e arredar
do muro ja movudo.
Todo logar mui ben pode | seer defendudo...

Aquel Soldan, sen mentir,
cuidou que per abete
non querian envayr
os seus, e Mafomete
começou muit' a chamar,
o falsso connoçudo,
que os vess' ajudar;
mas foy y decebudo.
Todo logar mui ben pode | seer defendudo...

Ali u ergeu os seus
ollos contra o ceo,
viu log' a Madre de Deus,
coberta de seu veo,
sobela vila estar
con seu manto tendudo,
e as feridas fillar.
Pois est' ouve veudo,
Todo logar mui ben pode | seer defendudo...

Teve-sse por peccador,
ca viu que aquel feito
era de Nostro Sennor;
poren per niun preito
non quis conbater mandar,
e fez come sisudo,
e na vila foi entrar
dos seus desconnoçudo.
Todo logar mui ben pode | seer defendudo...

Pera San German se foi
aquel Soldan pagão
e disse-lle: «Sennor, oi
mais me quer' eu crischão
per vossa mão tornar
e seer convertudo
e Mafomete leixar,
o falsso recreudo.
Todo logar mui ben pode | seer defendudo...

E o por que esto fiz,
direi-vo-lo aginna:
segundo vossa lei diz,
a mui santa Reinna
vi, que vos vo livrar;
pois m' est' apareçudo
foi, quero-me batiçar,
mas non seja sabudo.»
Todo logar mui ben pode | seer defendudo...

Poderia-vos de dur
dizer as grandes dõas
que aquel Soldan de Sur
deu y, ricas e bõas;
demais foy-os segurar
que non fosse corrudo
o reino, se Deus m' anpar,
e foi-lle gradeçudo.
Todo logar mui ben pode | seer defendudo...