Cantigas de Santa Maria/XXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XXIX


Esta é como Santa Maria fez parecer nas pedras omages a ssa semellança.

Nas mentes senpre ter
devemo-las sas feituras
da Virgen, pois receber
as foron as pedras duras.

Per quant' eu dizer oý
a muitos que foron y,
na santa Gessemani
foron achadas figuras
da Madre de Deus, assi
que non foron de pinturas.
Nas mentes sempre ter...

Nen ar entalladas non
foron, se Deus me perdon,
e avia y fayçon
da Sennor das aposturas
con sseu Fill', e per razon
feitas ben per sas mesuras.
Nas mentes sempre ter...

Poren as resprandecer
fez tan muit' e parecer,
per que devemos creer
que é Sennor das naturas,
que nas cousas á poder
de fazer craras d' escuras.
Nas mentes sempre ter...

Deus x' as quise figurar
en pedra por nos mostrar
que a ssa Madre onrrar
deven todas creaturas,
pois deceu carne fillar
en ela das sas alturas.
Nas mentes senpre ter...