Cantigas de Santa Maria/XXX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XXX: Muito valvera mais, se Deus m' anpar


Esta é de loor de Santa Maria, de como deus non lle pode dizer de non do
que lle rogar, nen ela a nos.

Muito valvera mais, se Deus m' anpar,
que non fossemos nados,
se nos non désse Deus a que rogar
vai por nossos pecados.

Mas daquesto nos fez el o mayor
ben que fazer podia,
u fillou por Madr' e deu por Sennor
a nos Santa Maria,
que lle rogue, quando sannudo for
contra nos todavia,
que da ssa graça nen do seu amor
non sejamos deitados.
Muito valvera mais, se Deus m' anpar...

Tal foi el meter entre nos e ssi
e deu por avogada,
que madr', amiga ll' é, creed' a mi,
e filla e criada.
Poren non lle diz de non, mas de si,
u a sent' afficada,
rogando-lle por nos, ca log' ali
somos del perdõados.
Muito valvera mais, se Deus m' anpar...

Nen ela outrossi a nos de non
pode, se Deus m' ajude,
dizer que non rogue de coraçon
seu Fill', ond' á vertude;
ca por nos lle deu el aqueste don,
e por nossa saude
fillou dela carn' e sofreu paxon
por fazer-nos onrrados
Muito valvera mais, se Deus m' anpar...

No seu reino que el pera nos ten,
se o nos non perdermos
per nossa culpa, non obrando ben,
e o mal escollermos.
Mas seu ben non perderemos per ren
se nos firme creermos
que Jeso-Crist' e a que nos manten
por nos foron juntados.
Muito valvera mais, se Deus m' anpar...