Cantigas de Santa Maria/XXXI

Wikisource, a biblioteca livre


Esta é como Santa Maria levou o boi do aldeão de Segovia que ll' avia
prometudo e non llo queria dar.

Tanto, se Deus me perdon,
son da Virgen connoçudas
sas mercees, que quinnon
queren end' as bestias mudas.

Desto mostrou un miragre | a que é chamada Virga
de Jesse na ssa eigreja | que éste en Vila-Sirga,
que a preto de Carron
é duas leguas sabudas,
u van fazer oraçon
gentes grandes e miudas.
Tanto, se Deus me perdon...

Ali van muitos enfermos, | que receben sãydade,
e ar van-x'i muitos sãos, | que dan y ssa caridade;
e per aquesta razon
sson as gentes tan movudas,
que van y de coraçon
ou envian sas ajudas.
Tanto, se Deus me perdon...

E porend' un aldeão | de Segovia, que morava
na aldea, ha vaca | perdera que muit' amava;
e en aquela ssazon
foran y outras perdudas,
e de lobos log' enton
comestas ou mal mordudas.
Tanto, se Deus me perdon...

E porque o aldeão | desto muito se temia,
ante sa moller estando, | diss' assi: «Santa Maria,
dar-t-ei o que trag', en don,
a vaca, se ben m' ajudas
que de lob' e de ladron
mia guardes; ca defendudas
Tanto, se Deus me perdon...

Son as cousas que tu queres; | e por aquesto te rogo
que mi aquesta vaca guardes.» | E a vaca vo logo
sen dan' e sen ocajon,
con ssas orellas merjudas,
e fez fillo sen lijon
con sinaes pareçudas.
Tanto, se Deus me perdon...

Pois creceu aquel bezerro | e foi almall' arrizado,
a ssa moller o vilão | diss': «Irey cras a mercado;
mas este novelo non
yrá nas offereçudas
bestias qu' en offereçon
sson aos Santos rendudas.»
Tanto, se Deus me perdon...

Dizend' esto aa noyte, | outro dia o vilão
quis ir vende-lo almallo; | mas el sayu-lle de mão,
e correndo de randon
foi a jornadas tendudas,
come sse con aguillon
o levassen de corrudas.
Tanto, se Deus me perdon...

Pois foi en Santa Maria, | mostrou-sse por bestia sage:
meteu-sse na ssa eigreja | e parou-ss' ant' a omage;
e por aver ssa raçon
foi u as bestias metudas
eran, que ena maison
foran dadas ou vendudas.
Tanto, se Deus me perdon...

E des ali adeante | non ouv' y boi nen almallo
que tan ben tirar podesse | o carr' e soffrer traballo,
de quantas bestias y son
que an as unnas fendudas,
sen feri-lo de baston
nen d' aguillon a 'scodudas.
Tanto, se Deus me perdon...

O lavrador que pos ele | a mui gran pressa vera,
poi-lo vyu en Vila-Sirga, | ouv' en maravilla fera;
e fez chamar a pregon,
e gentes foron vudas,
a que das cousas sermon
fez que ll'eran conteçudas.
Tanto, se Deus me perdon...