Cantigas de Santa Maria/XXXII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XXXII: Quen loar podia


Esta é como Santa Maria amaçou o bispo que descomungou o crerigo que non
sabia dizer outra missa senon a sua.

Quen loar podia,
com' ela querria,
a Madre de quen
o mundo fez,
seria de bon sen.

Dest' un gran miragre | vos contarei ora,
que santa Maria | fez, que por nos ora,
du que al, fora
a ssa missa, ora-
çon nunca per ren
outra sabia
dizer mal nen ben.
Quen loar podia...

Onde ao Bispo | daquele bispado
en que el morava | foi end' acusado;
e ant' el chamado
e enpreguntado
foy, se era ren
o que oya
del Respos: «O ben.»
Quen loar podia...

Poi-lo Bispo soube | per el a verdade,
mandou-lle tan toste | mui sen piedade
que a vezindade
leixas' da cidade
tost' e sen desden,
e que ssa via
logo sse foss' en.
Quen loar podia...

Aquela noit' ouve | o Bispo veuda
a Santa Maria | con cara sannuda,
dizendo-lle: «Muda
a muit' atrevuda
sentença, ca ten
que gran folia
fezist'. E poren
Quen loar podia...

Te dig' e ti mando | que destas perfias
te quites; e se non, | d' oj' a trinta dias
morte prenderias
e alá yrias
u dem' os seus ten
na ssa baylia,
ond' ome non ven.»
Quen loar podia...

O Bispo levou-sse | mui de madurgada,
e deu ao preste | ssa raçon dobrada.
«E missa cantada
com' acostumada
ás,» disse, «manten
da que nos guia,
ca assi conven.»
Quen loar podia...