Cantigas de Santa Maria/XXXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XXXIII: Gran poder á de mandar


Esta é como Santa Maria levou en salvo o romeu que caera no mar, e o guyou per so a
agua ao porto ante que chegass' o batel.

Gran poder á de mandar
o mar e todo-los ventos
a Madre daquel que fez
todo-los quatr' elementos.

Desto vos quero contar
un miragre, que achar
ouv' en un livr', e tirar
o fui ben d' ontre trezentos,
que fez a Virgen sen par
por nos a todos mostrar
que seus sson os mandamentos.
Gran poder á de mandar...

Ha nav' ya per mar,
cuidand' en Acre portar;
mas tormenta levantar
se foi, que os bastimentos
da nave ouv' a britar,
e começou-ss' afondar
con romeus mais d' oitocentos.
Gran poder á de mandar...

Un Bispo fora entrar
y, que cuidava passar
con eles; e pois torvar
o mar viu, seus penssamentos
foron dali escapar;
e poren se foi cambiar
no batel ben con duzentos
Gran poder á de mandar...

Omes. E u saltar
deles quis e se lançar
cuidou no batel; mas dar
foi de pees en xermentos
que y eran, e tonbar
no mar foi e mergullar
be até nos fondamentos.
Gran poder á de mandar...

Os do batel a remar
se fillaron sen tardar
per sse da nav' alongar
e fugir dos escarmentos,
de que oyran falar,
dos que queren perfiar
sen aver acorrimentos.
Gran poder á de mandar...

E con coyta d' arribar,
ssa vea foron alçar,
e terra foron fillar
con pavor e medorentos;
e enton viron estar
aquel que perigoar
viran enos mudamentos.
Gran poder á de mandar...

Començaron-ss' a sinar,
e fórono preguntar
que a verdad' enssinar
lles fosse sen tardamentos,
se guarira per nadar,
ou queno fora tirar
do mar e dos seus tormentos.
Gran poder á de mandar...

E el fillou-ss' a chorar
e disse: «Se Deus m' anpar,
Santa Maria guardar
me quis por merecimentos
non meus, mas por vos mostrar
que quen per ela fiar,
valer-ll-an seus cousimentos.»
Gran poder á de mandar...

Quantos eran no logar
começaron a loar
e «mercee» lle chamar,
que dos seus ensinamentos
os quisess' acostumar,
que non podessen errar
nen fezessen falimentos.
Gran poder á de mandar...