Cantigas de Santa Maria/XXXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XXXIX: Torto seria grand' e desmesura


Esta é como Santa Maria guardou a sa omagen, que a non queimas' o fogo.

Torto seria grand' e desmesura
de prender mal da Virgen ssa figura.

Ond' avo en San Miguel de Tomba,
no mõesteiro que jaz sobre lomba
da gran pena, que ja quant' é comba,
en que corisco feriu noit' escura.
Torto seria grand' e desmesura...

Toda a noite ardeu a perfia
ali o fog' e queimou quant' avia
na eigreja, mas non foi u siia
a omagen da que foi Virgen pura.
Torto seria grand' e desmesura...

E como quer que o fogo queimasse
en redor da omagen quant' achas[s]e,
Santa Maria non quis que chegasse
o fum' a ela, nena caentura.
Torto seria grand' e desmesura...

Assi guardou a Rea do Ceo
a ssa omagen, que nen sol o veo
tangeu o fogo, come o ebreo
guardou no forno con ssa vestidura.
Torto seria grand' e desmesura...

Assi lle foi o fog' obediente
a Santa Maria, que sol niente
non tangeu sa omage veramente,
ca de seu Fill' el era creatura.
Torto seria grand' e desmesura...

Daquesto foron mui maravillados
quantos das terras y foron juntados,
que solament' os fios defumados
non viron do veo, nena pintura.
Torto seria grand' e desmesura...

Da omagen nen ar foi afumada,
ante semellava que mui lavada
fora ben toda con agua rosada,
assi cheirava con ssa cobertura.
Torto seria grand' e desmesura...