Cantigas de Santa Maria/XXXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XXXVIII: Pois que Deus quis da Virgen fillo


Esta é como a omagen de Santa Maria tendeu o braço e tomou o de seu fillo, que queria caer da pedrada que lle dera o tafur, de que sayu sangui.

Pois que Deus quis da Virgen fillo
seer por nos pecadores salvar,
porende non me maravillo
se lle pesa de quen lle laz pesar.

Ca ela e sseu Fillo son juntados
d'amor, que partidos per ren nunca poden seer;
e poren son mui neicios provados
os que contra ela van, non cuidand' y el tanger.
Esto fazen os malfadados
que est' amor non queren entender
como Madr' e Fill' acordados
son en fazer ben e mal castigar.
Pois que Deus quis da Virgen fillo...

Daquest' avo, tempos sson passados
grandes, que o Conde de Peiteus quis batall' aver
con Rey de Franç'; e foron assados
en Castro Radolfo, per com' eu oý retraer,
un mõesteiro d' ordados
monges qu' el Conde mandou desfazer
porque os ouv' el sospeytados
que a franceses o querian dar.
Pois que Deus quis da Virgen fillo...

Poi-los monges foron ende tirados,
mui maas conpannas se foron tan tost' y meter,
ribaldos e jogadores de dados
e outros que lles tragian y vo a vender;
e ontr' os malaventurados
ouv' y un que começou a perder,
per que foron del dostados
os Santos e a Reynna sen par.
Pois que Deus quis da Virgen fillo...

Mas ha moller, que por seus pecados
entrara na eigreja, como sol acaecer,
ben u soyan vesti-los sagrados
panos os monges quando yan sas missas dizer,
porque viu y ben entallados
en pedra Deus con ssa Madre seer,
os gollos logo ficados
ouv' ant' eles e fillou-s' a culpar.
Pois que Deus quis da Virgen fillo...

O tafur, quand' esto vyu, con yrados
ellos a catou, e começou-a mal a trager
dizendo: «Vella, son muit' enganados
os que nas omages de pedra querer creer;
e por que vejas com' errados
sson, quer' eu ora logo cometer
aqueles ydolos pintados.»
E foi-lles log' ha pedra lançar.
Pois que Deus quis da Virgen fillo...

E deu no Fillo, que ambos alçados
tia seus braços en maneira de beizer;
e macar non llos ouv' ambos britados,
britou-ll' end' un assi que ll' ouvera log' a caer;
mas sa Madre os seus deitados
ouve sobr' el, con que llo foy erger,
e a fror que con apertados
seus dedos tia foy logo deytar.
Pois que Deus quis da Virgen fillo...

Mayores miragres ouv' y mostrados
Deus, que sangui craro fez dessa ferida correr
do Meno, e os panos dourados
que tia a Madre fez ben sso as tetas decer,
assi que todos desnuados
os peitos ll' ouveron de parecer;
e macar non dava braados,
o contenente parou de chorar.
Pois que Deus quis da Virgen fillo...

E demais ouve os ollos tornados
tan bravos, que quantos a soyan ante veer,
atan muit' eran dela espantados
que sol ena face non ll' ousavan mentes ter.
E demões log' assembrados
contra o que esto fora fazer,
come monteyros ben mandados
o foron logo tan toste matar.
Pois que Deus quis da Virgen fillo...

Outros dous tafures demoniados
ouv' y, porque foran aquel tafur mort' asconder;
poren sass carnes os endiabrados
con gran ravia as começaron todas de roer;
e poys no rio affogados
foron, ca o demo non lles lezer
deu, que todos escarmentados
fossen quantos dest' oyssen falar.
Pois que Deus quis da Virgen fillo...

O Conde, quando' est' oyu, con armados
cavaleiros vo e ant' a eigreja decer
foi; e un daqueles mais arrufados
diss' assi: «No meu coraçon non pod' esto caber,
se a pedra que me furados
os queixos ouv', e mia vedes trager,
e por que deiros pagados
ouvi muitos, se me non quer sãar.»
Pois que Deus quis da Virgen fillo...

Pois esto disse, pernas e costados
e a cabeça foi log' ant' a omagen merger,
e log' os ossos foron ben soldados
e a pedra ouv' ele pela boca de render.
Desto foron maravillados
todos, e el foy a pedra põer,
estand' y omees onrrados,
ant' a omagen sobelo altar.
Pois que Deus quis da Virgen fillo...