Cantigas de Santa Maria/XXXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XXXVII: Miragres fremosos


Esta é como Santa Maria fez cobrar seu pee ao ome que o tallara con coyta de door.

Miragres fremosos
faz por nos Santa Maria,
e maravillosos.

Fremosos miragres faz que en Deus creamos,
e maravillosos, por que o mais temamos;
porend' un daquestes é ben que vos digamos,
dos mais piadosos.
Miragres fremosos...

Est' avo na terra que chaman Berria,
dun ome coytado a que o pe ardia,
e na ssa eigreja ant' o altar jazia
ent' outros coitosos.
Miragres fremosos...

Aquel mal do fogo atanto o coytava,
que con coita dele o pe tallar mandava;
e depois eno conto dos çopos ficava,
desses mais astrosos,
Miragres fremosos...

Pero con tod' esto sempr' ele confiando
en Santa Maria e mercee chamando
que dos seus miragres en el fosse mostrando
non dos vagarosos,
Miragres fremosos...

E dizendo: «Ay, Virgen, tu que es escudo
sempre dos coitados, queras que acorrudo
seja per ti; se non, serei oi mais tudo
por dos mais nojosos.
Miragres fremosos...

Logo a Santa Virgen a el en dormindo
per aquel pe a mão yndo e vindo
trouxe muitas vezes, e de carne conprindo
con dedos nerviosos,
Miragres fremosos...

E quando s' espertou, sentiu-sse mui ben são,
e catou o pe; e pois foi del ben certão,
non semellou log', andando per esse chão,
dos mais preguiçosos.
Miragres f remosos...

Quantos aquest' oyron, log' ab veron
e aa Virgen santa graças ende deron,
e os seus miragres ontr' os outros teveron
por mais groriosos.
Miragres fremosos...