Cantigas de Santa Maria/XXXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XXXVI: Muit' amar devemos en nossas voontades


Esta é de como Santa Maria pareceu no maste da nave, de noite, que ya a Bretanna, e a guardou que non perigoasse.

Muit' amar devemos en nossas voontades
a Sennor, que coitas nos toll' e tempestades.

E desto mostrou a Virgen maravilla quamanna
non pode mostrar outro santo, no mar de Bretanna,
u foi livrar ha nave, u ya gran companna
d'omees por sa prol buscar, no que todos punnades.
Muit' amar devemos en nossas voontades...

E u singravan pelo mar, atal foi ssa ventura
que sse levou mui gran tormenta, e a noit' escura
se fez, que ren non lles valia siso nen cordura,
e todos cuidaron morrer, de certo o sabiades.
Muit' amar devemos en nossas voontades...

Pois viron o perigo tal, gemendo e chorando
os santos todos a rogar se fillaron, chamando
por seus nombres cada un deles, muito lles rogando
que os vessen acorrer polas ssas piedades.
Muit' amar devemos en nossas voontades...

Quand' est' oyu un sant' abade, que na nave ya,
disse-lles: Tenno que fazedes ora gran folia,
que ides rogar outros santos, e Santa Maria,
que nos pode desto livrar, sol nona ementades.
Muit' amar devemos en nossas voontades...

Quand' aquest' oyron dizer a aquel sant' abade,
enton todos dun coraçon e da voontade
chamaron a Virgen santa, Madre de piedade,
que lles valvess' e non catasse as suas maldades.
Muit' amar devemos en nossas voontades...

E dizian: «Sennor, val-nos, ca a nave sse sume!
E dizend' esto, cataron, com' er é de costume,
contra o masto, e viron en cima mui gran lume,
que alumava mui mais que outras craridades.
Muit' amar devemos en nossas voontades...

E pois lles est' apareceu, foi o vento quedado,
e o ceo viron craro e o mar amanssado,
e ao porto chegaron cedo, que desejado
avian; e se lles proug' en, sol dulta non prendades.
Muit' amar devemos en nossas voontades...