Cantigas de Santa Maria/XXXV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XXXV: O que a Santa Maria


Esta é como Santa Maria fez queimar a lãa aos mercadores que offereran algo a sua omage, e llo tomaran depois.

O que a Santa Maria | der algo ou prometer,
dereit' é que ss' en mal ache | se llo pois quiser toller.

Ca muit' é ome sen siso | quen lle de dar algu' é greu,
ca o ben que nos avemos, | Deus por ela no-lo deu.
E por esto non lle damos | ren do nosso, mas do seu,
onde quen llo toller cuida | gran sobervia vay fazer.
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

Desta razon un miragre | direi fremoso, que fez
a Virgen Santa Maria, | que é Sennor de gran prez,
por has sas reliquias | que levaron hua vez
uus crerigos a França, | de que vos quero dizer.
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

Estes foron da cidade | que é chamada Leon
do Rodão, u avia | muy grand' igreja enton,
que ardeu tan feramente | que sse fez toda carvon;
mas non tangeu nas relicas, | esto devedes creer.
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

Ca avia y do leyte | da Virgen esperital,
outrossi dos seus cabelos | envoltos en un cendal,
tod' aquest' en ha arca | feita d' ouro, ca non d'al;
estas non tangeu o fogo, | mai-lo al foi tod' arder.
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

Os crerigos, quando viron | que a eigreja queimar
se fora, como vos digo, | ouveron-sse d' acordar
que sse fossen pelo mundo | conas relicas gãar
per que ssa eigreja feita | podess' agynna seer.
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

Maestre Bernald' avia | nom' un que er' en dayan
da egreija, ome bõo, | manss' e de mui bon talan,
que por aver Parayso | sempre soffria afan;
este foi conas relicas | polas fazer connocer.
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

E andou primeiro França, | segundo com' aprendi,
u fez Deus muitos miragres | per elas; e foi assy
que depois a Ingraterra | ar passou e, com' oý,
polas levar mais en salvo | foy-as na nave meter.
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

Dun mercador que avia | per nome Colistanus,
que os levass' a Bretanna, | a que pobrou rei Brutus;
e entrou y tanta gente | que non cabian y chus,
de mui ricos mercadores | que levavan grand' aver.
O que a Santa Maria der algo ou prometer...

E u ja pelo mar yan | todos a mui gran sabor,
ouveron tan gran bonaça | que non podia mayor;
e estando en aquesto, | ar ouveron gran pavor,
ca viron ben seis galeas | leixar-ss' a eles correr,
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

De cossarios que fazian | en aquel mar mal assaz.
Mas pois o sennor da nave | os viu, disse: «Non me praz
con estes que aqui ven; | mais paremo-nos en az,
e ponnamos as relicas | alt' u as possan veeer»
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

Logo que esto foi dito, | maestre Bernalt sacou
a arca conas relicas; | e tanto que as mostrou,
dos mercadores que yan | ena nav' un non ficou
que tan toste non vessen | mui grand' alg' y offerer.
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

Todos enton mui de grado | offerian y mui ben:
os us davan y panos, | os outros our' ou argen,
dizendo: «Sermor, tod' esto | filla que non leixes ren,
sol que non guardes os corpos | de mort' e de mal prender.»
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

En tod' est' as seis galeas | non quedavan de vir,
cada ha de ssa parte, | por ena nave ferir.
E o que ti' a arca | das relicas, sen mentir,
alçou-a contra o ceo, | pois foy-a alte põer.
O que a Santa Maria der algo ou prometer...

O almiral das galeas | via muit' ant' os seus,
e o que tia a arca | da Virgen, Madre de Deus,
lles diss' a mui grandes vozes: | «Falssoss, maos e encreus,
de Santa Maria somos, | a de que Deus quis nacer,
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

E poren mal non nos faças, | se non, logo morrerás
e con quantos tigo trages | ao inferno yrás
e de quant' acabar cuidas | ren en non acabarás,
ca a nav' estas relicas | queren de ti deffender.»
O que a Santa Maria der algo ou prometer...

Quant' o crerigo dizia | o almiral tev' en vil,
e fez tirar das galeas | saetas mui mais de mil
por mataren os da nave; | mas un vento non sotil
se levantou muit' aga, | que as galeas volver
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

Fez, que a do almirallo | de fond' a cima fendeu,
e britou logo o maste, | e sobr' el enton caeu
e deu-lle tan gran ferida, | que os ollos lle verteu
logo fora da cabeça | e fez-lo no mar caer.
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

E fez as outras galeas | aquele vento de sur
alongar enton tan muito | que as non viron nenllur;
e apareceu-lles Dovra, | a que pobrou rey Artur,
e enton cuydaron todos | o seu en salvo ter.
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

E logo aas relicas | correndo mui gran tropel
vo desses mercadores, | e cada un seu fardel
fillou e quant' aly dera, | e non cataron o bel
miragre maravilloso, | per que os fez guarecer
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

A Virgen Santa Maria, | Madre do muit' alto Rey,
que matou seus emigos, | como vos eu ja dit' ey.
E maestre Bernal disse: «Un preito vosco farey:
dar-vos-ey a meyadade, | e leixad' o al jazer.»
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

Todos responderon logo: | «Preit' outr' y non averá
que o todo non tomemos, | mas tornaremos dacá;
daquelo que gaannarmos | cada u y dará
o que vir que é guisado, | como o poder soffrer.»
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

Os mais desses mercadores | de Frandes e de Paris
eran; e pois s' apartaron, | cada u deles quis
comprar de seu aver lãa, | cuidando seer ben fis
que en salvo a ssa terra | a poderia trager.
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

E poy-ll' ouveron conprada, | un dia ante da luz
moveron do porto Dovra; | mais o que morreu na cruz,
querendo vingar sa Madre, | fez com' aquel que aduz
gran poder de meter medo | que ll' ajan de correger
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

O gran torto que fezeran | a ssa Madr' Emperadriz,
a que é Sennor do mundo. | E poren, par San Fiiz,
feriu corisco na nave, | e com' o escrito diz,
queimou tod' aquela lãa | e non quis o al tanger.
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

Quand' este miragre viron, | tornaron mui volonter
u leixaran as relicas, | e disseron: «Pois Deus quer
que a ssa Madre do nosso | demos, quis do que tever
dará y de bõa mente, | e ide-o receber.»
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...

Disso maestre Bernaldo: | «Esto mui gran dereit' é
de vos nenbrar das relicas | da Virgen que con Deus ssé,
a que fezestes gran torto | guardando mal vossa fe.»
E non quis en mais do terço, | que fezo logo coller.
O que a Santa Maria | der algo ou prometer...