Cantigas de Santa Maria/CCLIX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLIX


Como Santa Maria fez avir na ssa eigreja d'Arraz dous jograres que sse querian mal, e
deu-lles ha candea que non pode outre trager senon eles.

Santa Maria punna d' avir
os seus por se deles mellor servir.

Dest' un miragre grande foi fazer
a Virgen, que vos quero retraer,
de dous jograres que fez ben querer;
mas o demo provou de os partir.
Santa Maria punna d' avir...

Ca pero se sabian muit' amar,
feze-os o demo assi gresgar
que ss' enviaron logo desfiar;
mas la Virgen non llo quis conssentir.
Santa Maria punna d' avir...

Ca lles vo en sonnos e assi
lles diss': «Amigos, id' ambos a mi
a mia eigreja d' Arraz, e ali
vos direi como vos mando guarir.»
Santa Maria punna d' avir...

Cada un deles quando s'espertou
quanto lles ela disse lles nenbrou,
e foron y u lles ela mandou,
e virona escontra si vir.
Santa Maria punna d' avir...

E diss': «Amigos, vossa entençon
partid', e ambos mui de coraçon
amade-mi e vos muit', e al non
façades, ca vos non ei de falir.»
Santa Maria punna d' avir...

E deu-lles log' ha candea tal
con que ssãassen as gentes do mal
a que chaman fogo de San Marçal,
e sãan quantos aló queren yr.
Santa Maria punna d' avir...

Foron-s' ambos dali en grand' amor
e sãavan as gentes da door,
como lles foi mandado da Sennor
que nunca mentiu nen á de mentir.
Santa Maria punna d' avir...

O bispo daquel logar lles fillou
a candea, mas mui mal baratou:
ca o fogo no pe lle começou
e queria contra çima sobir.
Santa Maria punna d' avir...

Quand' esto viu o bispo de mal sen,
pediu-lles daquela cera poren;
e deron-lla a bever, e mui ben
lle fez o fogo logo del fogir.
Santa Maria punna d' avir...

Og' este dia esta vertud' an
os jograres da terra que y van,
e tan ben sãan as gentes de pran,
que non an pois daquel mal a sentir.
Santa Maria punna d' avir...