Cantigas de Santa Maria/CCLVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLVIII


Como Santa Maria acreiçentou a a bõa dona a massa que tiinna pera pan fazer.

Aquela que a seu Fillo viu cinque mil avondar
omees de cinque pães, que quer pod' acrescentar.

[E] de tal razon com' esta un miragre vos direi
que mostrou Santa Maria en Proença, com' achei
escrito ontr' outros muitos, e assi [o] contarei
que, se o ben ascuitardes, fará-vos muit' alegrar.
Aquela que a seu Fillo viu cinque mil avondar...

Un an' en aquela terra foi mui caro, com' oý,
e ha moller mui bõa, que amava mais ca si
a Virgen Santa Maria e, segund' eu aprendi,
polo seu amor esmolna a quen lla pedia dar
Aquela que a seu Fillo viu cinque mil avondar...

Ya mui de bõa mente, e dava ben a comer
a pobres do que avia, segundo o seu poder;
e por aquesto fara mandava muita fazer,
de que pois pães fezessen, con que os fosse fartar.
Aquela que a seu Fillo viu cinque mil avondar...

Mas aquel ano tan caro foi, que todo despendeu
quanto pan conprad' avia e quanto do seu colleu;
e poi-lo despendeu todo, un dia ll'acaeceu
que lle veron y pobres con gran fame demandar
Aquela que a seu Fillo viu cinque mil avondar...

Esmolna como soyan. E el' amassando pan
enton estava e logo os fez coller manaman
e deu-lles a massa toda quanta pera ssi de pran
tya e para eles, que ren non ll'en foi ficar.
Aquela que a seu Fillo viu cinque mil avondar...

Ela enquant' amassava a un seu fillo mandou
caentar mui ben o forno, e ele o ca[e]ntou;
e quando foi ben caente, logo sa madre chamou,
dizendo-lle que os pães foss' ao forno levar.
Aquela que a seu Fillo viu cinque mil avondar...

E ela con gran vergon[n]a diss' ao fillo: «Par Deus,
quanta massa eu avia dei [ja] aos pobres seus
por amor da Santa Virgen, que é lume destes meus
ollos, que os meus pecados me faç' a Deus perdõar.»
Aquela que a seu Fillo viu cinque mil avondar...

Quand' aquest' oyu o fillo, queixou-sse-lle muit' enton;
e a madre mui cuitada foi correndo de randon
u ant' a massa estava que ja dera, que sol non
minguava en nulla cousa dela. E log' a ssinar
Aquela que a seu Fillo viu cinque mil avondar...

Se fillou, e depois esto ar direi-vo-lo que fez:
foi-ss' aa rua chorando e loand' a do bon prez,
a Madre de Jhesus-Christo, por aquesta grãadez
tan grande que feit' avia, e fez a todos chorar.
Aquela que a seu Fillo viu cinque mil avondar...

E chorand' enton loavan a Madre do Salvador
por tan fremoso miragre que fezera por amor
daquela que a servia, e dando-lle gran loor
poseron ricas offertas logo sobre seu altar.
Aquela que a seu Fillo viu cinque mil avondar...