Cantigas de Santa Maria/CCLVII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLVII


Como Santa Maria guardou sas relicas que se non danassen entr' outras, muitas que se
danaron.

Ben guarda Santa Maria pola sa vertude
sas relicas per que muitos receben saude.

Desto direi un miragre grand' a maravilla,
que al Rey Don Affonsso avo. En Sevilla
foi guardar relicas da Madre de Deus e Filla
e de santos; e direi com', e Deus y m' ajude.
Ben guarda Santa Maria pola sa vertude...

As relicas eran muitas de Santa Maria
e de santos e de santas, por que Deus fazia
miragres; e el Rei ensserró-as aquel dia
e foi-ss' end', e nonas mandou catar amyude.
Ben guarda Santa Maria pela sa vertude...

Foi-ss' el Rey pera Castela u morou dez anos;
e pois vo a Sevilla, achou grandes danos
nas relicas, pero siian envoltas en panos;
mas a Virgen preciosa ao seu recude.
Ben guarda Santa Maria pela sa vertude...

Toda-las outras relicas achou mal danadas
e as arcas en que seyan mal desbaratadas;
mais as de Santa Maria eran ben guardadas,
ca o dano das sas cousas mui ben se sacude.
Ben guarda Santa Maria pela sa vertude...

Quand' aquesto viu el Rey Don Affonsso, loores
deu grandes a Jhesu-Cristo, Sennor dos sennores;
e ouve des i da Virgen tan grandes amores,
que cuido que o coraçon nunca ende mude.
Ben guarda Santa Maria pela sa vertude...