Cantigas de Santa Maria/CCLVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLVI


Como Santa Maria guareceu a Rea Dona Beatriz de grand' enfermidade, porque aorou a sa
omage con grand' esperança.

Quen na Virgen groriosa esperança mui grand' á,
macar seja muit' enfermo, ela mui ben o guarrá.

E dest' un mui gran miragre vos quero dizer que vi,
e pero era meno, menbra-me que foi assi,
ca m'estava eu deante e todo vi e oý,
que fez[o] Santa Maria, que muitos fez e fará.
Quen na Virgen groriosa esperança mui grand' á...

Esto foi en aquel ano quando o mui bon Rei gãou,
Don Fernando, a Capela e de crischãos poblou;
e sa moller, a Reynna Dona Beatriz, mandou
que fosse morar en Conca, enquant' el foi acolá
Quen na Virgen groriosa esperança mui grand' á...

Aa ost'. E seu mandado fez ela mui volonter;
e quando foi na cidade, peor enferma moller
non vistes do que foi ela; ca pero de Monpisler
bõos fisicos y eran, dizian: «Non viverá.»
Quen na Virgen groriosa esperança mui grand' á...

E por que esto dizian non era mui sen razon,
ca d'aver ela seu fillo estava ena sazon;
e avia tan gran fever, que quena viya enton
dizia: «Seguramente, desta non escapará.»
Quen na Virgen groriosa esperança mui grand' á...

Mas la Rea, que serva era da que pod' e val,
Virgen santa groriosa, Reynna espirital,
fez trager ha omagen, mui ben feita de metal,
de Santa Mari' e disse: «Esta cabo mi será.
Quen na Virgen groriosa esperança mui grand' á...

Ca pois eu a sa fegura vir, atal creença ei
que de todos estes maes que atan toste guarrei;
porend' a mi a chegade e logo lle beijarei
as sas mãos e os pees, ca mui gran prol me terrá.»
Quen na Virgen groriosa esperança mui grand' á...

E tod' est' assi foi feito; e logo, sen outra ren,
de todos aqueles maes guariu a Rea tan ben
per poder da Groriosa, que nada non sentiu en.
Poren será de mal siso o que a non loará.
Quen na Virgen groriosa esperança mui grand' á...