Cantigas de Santa Maria/CCLXI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXI


Esta é da bõa dona oue deseja[va] veer mais d'al ome bõo e de bõa vida, e bõa dona
outrossi.

Quen Jesu-Crist' e ssa Madre veer
quiser, en ssa vida á de guardar
como punne de lles fazer prazer
e sse guarde de lles fazer pesar.

Dest' un miragre quero retraer
que fez a Virgen que non ouve par
por ha bõa dona que veer
bõos omes queria e onrrar,
e bõas donas; e foi-llos mostrar
Santa Maria e fez connocer.
Quen Jhesu-Crist' e sa Madre veer...

Un santo bispo, com' oý dizer,
vo a essa terra preegar,
e ela con sabor de o veer
ll' enviou muito dizer e rogar
que se de Deus quisess' algo falar,
ena eigreja iria seer
Quen Jhesu-Crist' e sa Madre veer...

Ela. E ele vo sen lezer
e começou mui ben a sermõar;
e ela, tanto que o foi veer,
connoçé-o, ca Deus llo quis guisar.
E pois a el se foi mãe [fe] star,
descobriu-ll' enton todo seu querer.
Quen Jhesu-Christ' e sa Madre veer...

E el assi lle soube responder:
«Se ome bõo queredes catar
e bõa dona, eu vo-los veer
farei ambos; mas ant' a jajar
averedes e mui soa estar
en ha casa e y atender.»
Quen Jhesu-Crist' e sa Madre veer...

Ela o fez sen vagar y prender.
E pois nove dias foi acabar,
ha noite quiso Deus que veer
o podesse; ca viu gran lum' entrar
per ha estr' e per outra passar,
como per pont', e passada fazer
Quen Jhesu-Crist' e sa Madre veer...

Per y os santos. E ela saber
quis quen eran, e log' a preguntar
se fillou o primeiro que veer
foi deles, e pres-lo a conjurar
que lle non fosse verdade negar
deles quen eran. E el responder
Quen Jhesu-Crist' e sa Madre veer...

Lle foi assi: «Estes foron sofrer
por Deus en este mund' e endurar
muitas coitas por a ele veer
no parayso, e poren chamar
lles foron santos per todo logar;
e vos assi o devedes creer.
Quen Jhesu-Crist' e sa Madre veer...

E os outros que oydes leer
loando a Deus e aposto cantar,
angeos son que o sempre veer
poden; e aqueles dous que chegar
veedes, Jhesu-Cristo sen dultar
ést' e sa Madre, onde foi nacer.»
Quen Jhesu-Crist' e sa Madre veer...

Quando os viu, foi as mãos erger
contra o ceo e pres-s' a chorar
e disso-lles: «Sennores, pois veer
quisestes que vos foss', oy ma[i]s levar
me querades convosco sen tardar.»
E log' ant' eles foi morta caer.
Quen Jhesu-Crist' e sa Madre veer...

O santo bispo foi est' entender
da morte dela, e maravillar
se foi muito, ca Deus lle fez veer
dela o feit' e non llo quis celar;
e fezo sas conpannas espertar
e punnou logo d'ali a mover,
Quen Jhesu-Crist' e sa Madre veer...

E foi-ss' aga sen sse deter.
E pois chegou, fez as portas britar
e buscou a dona pola veer,
e viu-a morta e mellor cheirar
que nullas especias d'Ultramar
daquestas que ende soen trager.
Quen Jhesu-Crist' e sa Madre veer...

Esto mandou en escrito meter
o santo bispo, e fez en loar
a Jhesu-Cristo que llo fez veer,
e a ssa Madre non ar quis leixar
que non fossen grandes loores dar,
ea tal feito non lle quis ascender.
Quen Jhesu-Crist' e sa Madre veer...