Cantigas de Santa Maria/CLXXV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXV


Como Santa Maria livrou de morte u mancebo que enforcaron a mui gran torto, e
queimaron un herege que llo fezera fazer.

Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade,
que sobr' el se torn' o dano de quen jura falssidade.

Desto direi un miragre de gran maravill' estranna
que mostrou Santa Maria por un romeu d' Alemanna
que a Santiago ya, que éste padron d' Espanna,
e per Rocamador vo a Tolosa a cidade.
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

El sobre toda las cousas amava Santa Maria,
e poren muit' ameude lle rogava e dizia
que o d' oqueijon guardasse e seu fillo que tragia,
Pois que Madr' era de Cristo, que é Deus en Tridade.
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

E pois entrou en Tolosa, foi logo fillar pousada
en casa dun grand' erege, non sabend' end' ele nada;
mas quando o viu a gente, foi ende maravillada
e disseron ao fillo: «Dest' albergue vos quitade.»
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

O erege, que muit' era cho de mal e d' engano
e que muitas falssidades fazia sempre cad' ano,
porque aquel ome bõo non sse fosse del sen dano,
fillou un vaso de prata alá en ssa poridade
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

E met-o eno saco do fillo; e pois foi ydo,
foi tan toste depos eles, metendo grand' apelido
que lle levavan seu vaso de prata nov' e bronido;
e poi-los ouv' acalçados disse-lles: «Estad', estade!»
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

Os romeus, quand' esto viron, foron en maravillados,
ca viron vir o baile con seus omes armados
que os prendeu, e tan toste foron ben escodrunnados,
ata que o vas' acharon no saqu', esto foi verdade.
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

Tan toste que o acharon, o erege que seu era
jurou por aquele vaso e que llo furtad' ouvera
o moço que o tragia; e a jostiça tan fera
foi de sanna, que tan toste diss': «Este moç' enforcade.»
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

Os seus omes cruees muit' aginna o fezeron
e da coita de seu padre sol mercee non ouveron;
e depois que o na forca ante seus ollos poseron,
el acomendou-ll' a alma aa Sennor de bondade.
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

E el foi-ss' a Santiago, u avia prometudo;
e depois aa tornada non lle foi escaeçudo
d' ir u seu fillo leixara morto, que fora traudo,
e foy-o muito catando, chorando con piadade.
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

E u el assi chorava, diss' o fillo: «Ome bõo,
padre, e non vos matedes, ca de certo vivo sõo;
e guarda-m' a Virgen santa, que con Deus see no trõo,
e me sofreu en sas mãos pola ssa gran caridade.»
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

Quando viu aquel coitado que seu fill' assi falava,
foi correndo a Tolosa e ao baile chamava,
e ar chamou muita gente, que alá sigo levava
que vissen seu fillo vivo, que fora por crueldade
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

Posto na forca e morto; mas non quis a Virgen santa,
que aos maos abaixa e aos bõos avanta,
e o sofreu en sass mãos que non colgou da garganta.
E disse: «Amigos, ide toste e o descolgade.»
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

Foron-sse logu', e con eles foi seu padre o cativo
con coita d'aver seu fillo; e des que llo mostrou vivo,
decendérono da forca, e un chorar tan esquivo
fazian todos con ele, que mester ouv' y: «Calade!»
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

E pois sse calad' ouveron, contou-lles todo seu feito
com' estedera na forca tres meses todos a eito,
u a Virgen o guardara, e a verdade do preito
lles disse, rogando muito: «O erege mi chamade,
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

Que ascondeu no meu saco o vaso per que prendesse
eu morte crua e maa; poren non quis que morresse
a Virgen Santa Maria, mas guisou-mi que vivesse;
e porende as loores deste feit' a ela dade.»
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

E logo toda a gente enviaron a Tolosa
polo ereg'; e pois vo con ssa cara vergonnosa,
souberon del a verdade e morte perigoosa
lle deron dentr' en un fogo, dizendo-ll': «Aqui folgade.»
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

Esta jostiça tan bõa a Madre do Josticeiro
fez por aquel ome bõo mui leal e verdadeiro,
que lle deu seu fillo vivo, e o ereg' usureiro
ar fez que prendesse morte qual buscou por sa maldade.
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...

E por aquest', ai, amigos, demos-lle grandes loores
que sempr' acorr' os coitados e parç' aos peccadores,
e a todos faz mercees, a grandes e a mores;
e porend' os seus miragres tan nobres muito loade.
Por dereito ten a Virgen, a Sennor de lealdade...