Cantigas de Santa Maria/CXXXII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXXII


Esta é como Santa Maria fez ao crerigo que lle prometera castidade e sse casara que
leixasse ssa moller e a fosse servir.

Quen leixar Santa Maria
por outra, fará folia.

Quen leixa-la Groriosa
por moller que seja nada,
macar seja mui fremosa
e rica e avondada,
nen manssa nen amorosa,
fará loucura provada,
que mayor non poderia.
Quen leixar Santa Maria...

Ca toda a ffremosura
das outras é nemigalla
nen toda ssa apostura
tanto come ha palla
contra a desta; e dura
seu amor e non faz falla,
ante crece todavia.
Quen leixar Santa Maria...

E dest' un maravilloso
miragr' avo en Pisa
a un crerigo fremoso
e ric' e de mui gran guysa;
mais era tant' omildoso
que celiço por camisa
sempre acaron vestia.
Quen leixar Santa Maria...

Demais las oras rezava
da Sennor de piadade,
que mais d' outra ren amava,
e pola virgidade
dela a sua guardava
e ant' a ssa Magestade
de guardar-la prometia.
Quen leixar Santa Maria...

E desta guisa vivendo,
seu padr' e sa madre mortos
foron, e enrrequecendo
foi el, ca vinnas e ortos
lle ficaron, com' aprendo;
poren lle davan conortos
seus parentes d'alegria.
Quen leixar Santa Maria...

E do que lle mais falavan
per que sse mais alegrasse,
era de como ll' achavan
casament', e que casasse,
e razões lle mostravan
muitas que o outorgasse;
mais a el non lle prazia.
Quen leixar Santa Maria...

Pero tanto o trouxeron
per faagu' e per engano
que outorgar-lle fezeron
que casass' en aquel ano;
ca de chão lle disseron
que faria gran seu dano
se el moller non prendia.
Quen leixar Santa Maria...

E demais que lle darian
ha menynna donzela
das mais ricas que sabian
ena terra e mais bela,
porque ambos vivirian
sen coita e sen mazela
e sen toda tricharia.
Quen leixar Santa Maria...

Pois aquest' ouv' outorgado,
o prazo das vodas vo
en que ouv' a seer grãado
que do seu, que do allo;
e dos que a seu chamado
ouve foi o curral cho
que mais en el non cabia.
Quen leixar Santa Maria...

Enquanto foron chegando
aqueles que convidara,
foi-ss' el en ssi acordando
de como acostumara
dizer sas oras, e quando
viu que ja muito tardara,
na eigreja sse metia.
Quen leixar Santa Maria...

E u estava dizendo
sas oras devotamente,
un mui gran sono correndo
o fillou tan feramente
que caeu; e en jazendo
dormindo viu mui gran gente
que do ceo decendia,
Quen leixar Santa Maria...

E a Virgen escolleyta
tragia eno meogo
da companna, que dereita-
mente a el vo logo
e disse-lle: «Sen sospeyta
di-m' ha ren, eu te rogo,
que de ti saber querria:
Quen leixar Santa Maria...

Non es tu o que dizias
que mi mais que al amavas
e que me noytes e dias
mui de grado saudavas?
Porqué outra fillar yas
amiga e desdennavas
a mi, que amor ti avia?
Quen leixar Santa Maria...

Demais saudar-me ves
pois que te de mi partiste;
en todo torto me tes,
di, e porqué me mentiste?
Preçaste mais los seus bes
ca os meus? Porqué feziste,
sandeu, tan grand' ousadia?»
Quen leixar Santa Maria...

Pois que ll' aquest' ouve dito,
foi-ss' a mui Santa Reynna;
e el no coraçon fito
lle ficou end' a espinna.
E, per com' achei escrito,
as mesas mandou agynna
põer; mais pouc, el comia,
Quen leixar Santa Maria...

Cuidando en como vira
a Virgen, que lle dissera
que ll' andara con mentira
e que torto lle fezera;
e por sayr de ssa yra
estev' en gran coyta fera,
ata que ll' anoytecia.
Quen leixar Santa Maria...

Enton ambo-los deytaron
na camara en un leyto;
e des que soos ficaron
e el viu dela o peyto,
logo ambos ss' abraçaron,
cuidand' ela seu dereyto
aver del, mais non podia.
Quen leixar Santa Maria...

Ca pero a gran beldade
dela fez que a quisesse
o novio de voontade
e que lle muito prouguesse,
a Virgen de piadade
lle fez que o non fezesse.
E do leit' enton s'ergia
Quen leixar Santa Maria...

E logo foi ssa carreyra
e leixou a gran requeza
que avia, e maneyra
fillou de mui gran pobreza
por servir a que senlleyra
foi e será en nobreza,
que os seus amigos guia,
Quen leixar Santa Maria...

Que o guyou ben sen falla
pois sempr' en toda sa vida.
E a Virgen que nos valla,
quando ll' a alma sayda
foi do corpo sen baralla,
onrradament' e comprida,
lla levou u Deus siia.
Quen leixar Santa Maria...