Cantigas de Santa Maria/V

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga V: Quenas coitas deste mundo


Esta é como Santa Maria ajudou a Emperadriz de Roma a sofre-las grandes coitas per que passou.

Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer,
Santa Maria deve sempr'ante si põer.

E desto vos quer' eu ora contar, segund' a letra diz,
un mui gran miragre que fazer quis pola Enperadriz
de Roma, segund' eu contar oý, per nome Beatriz,
Santa Maria, a Madre de Deus, ond' este cantar fiz,
que a guardou do mundo, que lle foi mal joyz,
e do demo que, por tentar, a cuydou vencer.
Quenas coitas deste mundo ben quiser sofrer...

Esta dona, de que vos disse ja, foi dun Emperador
moller; mas pero del nome non sei, foi de Roma sennor
e, per quant' eu de seu feit' aprendi, foi de mui gran valor.
Mas a dona tant' era fremosa, que foi das belas flor
e servidor de Deus e de sa ley amador,
e soube Santa Maria mays d'al ben querer.
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

Aquest' Emperador a sa moller queria mui gran ben,
e ela outrossi a el amava mais que outra ren;
mas por servir Deus o Enperador, com' ome de bon sen,
cruzou-ss' e passou o mar e foi romeu a Jherusalen.
Mas, quando moveu de Roma por passar alen,
leyxou seu irmão e fez y gran seu prazer.
Quenas coitas deste mundo ben quiser sofrer...

Quando ss'ouv' a ir o Emperador, aquel irmão seu,
de que vos ja diss', a ssa moller a Emperadriz o deu,
dizend': «Este meu irmão receb' oi mais por fillo meu,
e vos seede-ll' en logar de madre poren, vos rogu' eu,
e de o castigardes ben non vos seja greu;
en esto me podedes muy grand' amor fazer.»
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

Depoi-lo Emperador se foi. A mui pouca de sazon
catou seu irmão a ssa moller e namorou-s' enton
dela, e disse-lle que a amava mui de coraçon;
mai-la santa dona, quando ll' oyu dizer tal trayçon,
en ha torre o meteu en muy gran prijon,
jurando muyto que o faria y morrer.
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

O Emperador dous anos e meyo en Acre morou
e tod'a terra de Jerussalem muitas vezes andou;
e pois que tod' est' ouve feito, pera Roma se tornou;
mas ante que d'Ultramar se partisse, mandad' enviou
a sa moller, e ela logo soltar mandou
o seu irmão muy falsso, que a foy traer.
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

Quando o irmão do Emperador de prijon sayu,
barva non fez nen cercou cabelos, e mal se vestiu;
a seu irmão foi e da Emperadriz non s'espedyu;
mas o Emperador, quando o atan mal parado vyu,
preguntou-lli que fora, e el lle recodyu:
«En poridade vos quer' eu aquesto dizer.»
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

Quando foron ambos a ha parte, fillou-s' a chorar
o irmão do Emperador e muito xe lle queixar
de sa moller, que, porque non quisera con ela errar,
que o fezera porende tan tost' en un carcer deitar.
Quand' o Emperador oyu, ouv' en tal pesar,
que se leixou do palaffren en terra caer.
Quenas coitas deste mundo ben quiser sofrer...

Quand' o Emperador de terra s'ergeu, logo, sen mentir,
cavalgou e quanto mais pod' a Roma começou de ss'ir;
e a pouca d'ora vyu a Emperadriz a ssi vir,
e logo que a vyu, mui sannudo a ela leixou-ss' ir
e deu-lle gran punnada no rostro, sen falir,
e mandou-a matar sen a verdade saber.
Quenas coytas deste mundo ben quiser soffrer...

Dous monteiros, a que esto mandou, fillárona des i
e rastrand' a un monte a levaron mui preto dali;
e quando a no monte teveron, falaron ontre si
que jouvessen con ela per força, segund' eu aprendi.
Mas ela chamando Santa Maria, log' y
chegou un Conde, que lla foy das mãos toller.
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

O Conde, poi-la livrou dos vilãos, disse-lle: «Senner,
dizede-m' ora quen sodes ou dond'.» Ela respos: «Moller
sõo mui pobr' e coitada, e de vosso ben ei mester.»
«Par Deus», diss' el Conde, «aqueste rogo farei volonter,
ca mia companneira tal come vos muito quer
que criedes nosso fill' e façedes crecer.»
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

Pois que o Cond' aquesto diss', enton atan toste, sen al,
a levou consigo aa Condessa e disse-ll' atal:
«Aquesta moller pera criar nosso fillo muito val,
ca vejo-a mui fremosa, demais, semella-me sen mal;
e poren tenno que seja contra nos leal,
e metamos-lle des oi mais o moç' en poder.»
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

Pois que a santa dona o fillo do Conde recebeu,
de o criar muit' apost' e mui ben muito sse trameteu;
mas un irmão que o Cond' avia, mui falss' e sandeu,
Pediu-lle seu amor; e porque ela mal llo acolleu,
degolou-ll' o meno ha noit' e meteu
ll' o cuitelo na mão pola fazer perder.
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

Pois desta guisa pres mort' o meno, como vos dit' ei,
a santa dona, que o sentiu morto, diss': «Ai, que farei?»
O Cond' e a Condessa lle disseron: «Que ás?» Diz: «Eu ey
pesar e coita por meu criado, que ora mort' achey.»
Diss' o irmão do Conde: «Eu o vingarey
de ti, que o matar foste por nos cofonder.»
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

Pois a dona foi ferida mal daquel, peyor que tafur,
e non via quen lla das mãos sacasse de nenllur
senon a Condessa, que lla fillou, mas esto muit' adur;
us dizian: «Quéimena!» e outros: «Moira con segur!»
Mas poi-la deron a un mareiro de Sur,
que a fezesse mui longe no mar somerger.
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

O mareiro, poi-la ena barca meteu, ben come fol
disse-lle que fezesse seu talan, e seria sa prol;
mas ela diss' enton: «Santa Maria, de mi non te dol,
neno teu Fillo de mi non se nenbra, como fazer sol?»
Enton vo voz de ceo, que lle disse: «Tol
tas mãos dela, se non, farey-te perecer.»
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

Os mareiros disseron enton: «Pois est' a Deus non praz,
leixemo-la sobr' aquesta pena, u pod' aver assaz
de coita e d'affan e pois morte, u outra ren non jaz,
ca, se o non fezermos, en mal ponto vimos seu solaz.
E pois foy feyto, o mar nona leixou en paz,
ante a vo con grandes ondas combater.
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

A Emperadriz, que non vos era de coraçon rafez,
com' aquela que tanto mal sofrera e non ha vez,
tornou, con coita do mar e de fame, negra come pez;
mas en dormindo a Madre de Deus direi-vos que lle fez:
tolleu-ll' a fam' e deu-ll' ha erva de tal prez,
con que podesse os gaffos todos guarecer.
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

A santa dona, pois que ss' espertou, non sentiu null' afan
nen fame, come se senpr' ouvesse comudo carn' e pan;
e a erva achou so sa cabeça e disse de pran:
«Madre de Deus, beitos son os que en ti fyuza an,
ca na ta gran mercee nunca falecerán
enquanto a souberen guardar e gradecer.»
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

Dizend' aquesto, a Emperadriz, muit' amiga de Deus,
vyu vir ha nave preto de si, cha de romeus,
de bõa gente, que non avia y mouros nen judeus.
Pois chegaron, rogou-lles muito chorando dos ollos seus,
dizendo: «Levade-me vosc', ay, amigos meus!»
E eles logo conssigo a foron coller.
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

Pois a nav' u a Emperadriz ya aportou na foz
de Roma, logo baixaron a vea, chamando: «Ayoz.»
E o maestre da nave diss' a un seu ome: «Vai, coz
carn' e pescado do meu aver, que te non cost' ha noz.»
E a Emperadriz guaryu un gaf', e a voz
foy end', e muitos gafos fezeron ss' y trager.
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

Ontr' os gafos que a dona guariu, que foron mais ca mil,
foi guarecer o irmão de Conde eno mes d'abril;
mas ant' ouv' el a dizer seu pecado, que fez come vil.
Enton a Condessa e el Conde changian a gentil
dona, que perderan por trayçon mui sotil
que ll' aquel gaffo traedor fora bastecer.
Quenas coytas deste mundo ben quiser sofrer...

Muitos gafos sãou a Emperadriz en aquele mes;
mas de grand' algo que poren lle davan ela ren non pres,
mas andou en muitas romarias, e depois ben a tres
meses entrou na cidade de Roma, u er' o cortes
Emperador, que a chamou e disso-lle: «Ves?
Guari-m' est' irmão gaff', e dar-ch-ei grand' aver.»
Quenas coytas deste mundo ben quiser soffrer...

A dona diss' ao Emperador: «Voss' irmão guarrá;
mas ante que eu en el faça ren, seus pecados dirá
ant' o Apostolig' e ante vos, como os feitos á.»
E pois foi feito, o Emperador diss': «Ai Deus, que será?
Nunca mayor trayçon desta om' oyrá.»
E con pesar seus panos se fillou a ronper.
Quenas coytas deste mundo ben quiser soffrer...

A Emperadriz fillou-s' a chorar e diss': «A mi non nuz
en vos saberdes que soon essa, par Deus de vera cruz,
a que vos fezestes atan gran torto, com' agor' aduz
voss' irmão a mãefesto, tan feo come estruz;
mas des oi mais a Santa Maria, que é luz,
quero servir, que me nunca á de falecer.
Quenas coitas deste mundo ben quiser soffrer...

Per nulla ren que ll' o Emperador dissesse, nunca quis
a dona tornar a el; ante lle disse que fosse fis
que ao segre non ficaria nunca, par San Denis,
nen ar vestiria pano de seda nen pena de gris,
mas ha cela faria d'obra de Paris,
u se metesse por mays o mund' avorrecer.
Quenas coytas deste mundo ben quiser soffrer...