Cantigas de Santa Maria/XVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XVIII: Por nos de dulta tirar


Esta é como Santa Maria fez fazer aos babous que crian a seda duas toucas, porque a dona que os guardava lle prometera ha e non lla dera.

Por nos de dulta tirar,
praz a Santa Maria
de seus miragres mostrar
fremosos cada dia.

E por nos fazer veer
sa apostura,
gran miragre foi fazerlo
en Estremadura,
en Segovia, u morar
ha dona soya,
que muito sirgo criar
en ssa casa fazia.
Por nos de dulta tirar...

Porque os babous perdeu
e ouve pouca
seda, poren prometeu
dar ha touca
per' a omagen onrrar
que no altar siia
da Virgen que non á par,
en que muito criya.
Por nos de dulta tirar...

Pois que a promessa fez,
senpre creceron
os babous ben dessa vez
e non morreron;
mas a dona con vagar
grande que y prendia,
d' a touca da seda dar
senpre ll' escaecia.
Por nos de dulta tirar...

Onde ll' avo assi
ena gran festa
d' Agosto, que vo y
con mui gran sesta
ant' a omagen orar;
e ali u jazia
a prezes, foi-lle nenbrar
a touca que devia.
Por nos de dulta tirar...

Chorando de coraçon
foi-sse correndo
a casa, e viu enton
estar fazendo
os bischocos e obrar
na touca a perfia,
e começou a chorar
con mui grand' alegria.
Por nos de dulta tirar...

E pois que assi chorou,
meteu ben mentes
na touca; des i chamou
muitas das gentes
y, que vessen parar
mentes como sabia
a Madre de Deus lavrar
per santa maestria.
Por nos de dulta tirar...

As gentes, con gran sabor,
quand' est' oyron
dando aa Madre loor
de Deus, sayron
aas ruas braadar,
dizendo: «Via, via
o gran miragre catar
que fez a que nos guia.»
Por nos de dulta tirar...

Un e un, e dous e dous
log' y veron;
ontre tanto os babous
outra fezeron
touca, per que fossen par,
que se alguen queria
a ha delas levar,
a outra leixaria.
Por nos de dulta tirar...

Poren don Affons' el Rei
na ssa capela
trage, per quant' apres' ei,
end' a mais bela,
que faz nas festas sacar
por toller eregia
dos que na Virgen dultar
van per sa gran folia.
Por nos de dulta tirar...